logodeporte galego

As inscricións e o pago dos dereitos correspondentes deberán efectuarse a través da zona privada de federado na web da FGM www.fgmoto.org.

1. En prazo: ata as 24 horas do domingo anterior (7 días). 

2. Fora de prazo: ata as 24 horas do mércores anterior ao día da proba (3 días). Estas  inscricións terán un recargo. 

Senón se realiza a inscrición conforme o anterior, o piloto perde o dereito a ser admitido para participar na proba, aínda que poderase admiti-la súa participación sen puntuar para a clasificación do Campionato, Copa ou Trofeo.

No caso de non poder asistir a unha competición deberá ser comunicado na FGM ata o venres ás 13.00 h. anterior ao día da celebración da competición. Para ter dereito a devolución dos dereitos, deberá facerse vía correo electrónico a inscricions@fgmoto.org.

O importe das inscricións leva incluído o importe dun euro de compensación polo gasto derivado da xestión telemática das inscricións e o seu pago.

Nas competicións cronometradas con transponders da FGM, o importe da inscrición leva incluída a compensación económica de tres euros destinada a creación dun fondo para reposición e renovación de transponders.

Tarifas inscrición FGM

Tarifas inscrición RFME

  • Zona Privada

    Accede a zona privada, tramita as tuas inscricións, licenzas, actualiza os teus datos, compatible con tablets e smartphones.

    Acceder

Patrocinadores