20 e 21 de MAIO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE ENDURO EN LALIN
Puntuable tamén para o campionato galego
Coincidindo coa proba do CEE que se disputa en Lalín comeza o CGE 2017.
As categorías do CG son as mesmas cas do nacional. Os pilotos inscritos no CEE con licenza galega, automaticamente serán clasificacos no CGE.
Os pilotos que participen no galego teñen a opción de sacar a licenza de UNHA PROBA 2 DIAS (110€), e unha vez tramitada poderán inscribirse na zona privada de federado.
Os pilotos con licenza única doutras federacións territoriais, poderán inscribirse no CG en zona privada de fgmoto.org
Descargar ficheiro