logodeporte galego
    • 27/06/2016

    5ª VITORIA CONSECUTIVA DE MARTÍN RIOBÓ NA COPA DE ESPAÑA DE TRIAL

    RESULTADOS DESTACADOS DOS GALEGOS NO NACIONAL DE TRIAL EN POBLADURA

    Os días 25 e 26 de xuño celebráronse en Pobladura de las Regueras (León) a 3ª proba do Cto. de España de Trial TR1 e a 5ª competición para as categorías Júnior e os Trofeos Nacionais de Trial nas categorías TR2, TR3 e Copa de España de Trial Cadete, entre outras.

    O sábado día 25 disputouse a Copa de España de Trial Cadete, na que o que galego Martín Riobó lograba a quinta vitoria consecutiva desta tempada. Logrando ampliar a súa vantaxe como líder da clasificación provisional da Copa de España. Nesta mesma categoría participou tamén outro galego, Yago Armesto, quen finalizou na 5ª posición.

    Outro galego, Victor Ares, lograba a 3ª praza do podio na categoría TR3.

    Na máxima categoría do Cto. Galego de Trial, TR1, Jorge Casales lograba un gran resultado ao finalizar 4º. Co que se situa na quinta posición da clasificación provisional do Campionato.

    Alén Damil finalizaba na 4ª posición da categoría Júnior, separado por tan só un punto do terceiro clasificado. Nesta categoría, na que competiron o domingo día 26, tamén participou Martín Riobó que finalizou na 5ª posición, despois da vitoria conseguida na categoría Cadete o día anterior.

    Na categoría TR2, Gabriel Marcelli finalizaba 5º nesta proba, e na actualidade está situado na cuarta posición da clasificación provisional.

    A seguinte proba do Cto. de España de Trial será a que se celebrará en Carnota os días 24 e 25 de setembro, organizada polo Club Motociclista Teo. Na que poderemos ver en directo aos mellores pilotos de Trial do mundo e animar aos galegos.

    Acompañamos con nota de prensa da RFME correspondente as categorías que competiron o sábado día 25 no SPEA RFME Cto. de España de Trial en Pobladura de las Regueras (León), con fotografía do podio na categoría Cadete con Martín Riobó como venceder.

    Enlace coas clasificacións da proba: http://www.rfme.com/web/prueba/20825

    Descargar ficheiro
  • Zona Privada

    Accede a zona privada, tramita as tuas inscricións, licenzas, actualiza os teus datos, compatible con tablets e smartphones.

    Acceder

Patrocinadores