logodeporte galego
    • 18/12/2017

    ACTUALIZACIÓN DATOS NO REXISTRO DE CLUBES

    Os clubes deben adaptar os estatutos a nova lei

    Hoxe publicouse no DOG o ANUNCIO do 27 de novembro de 2017, da Secretaría Xeral para o Deporte, polo que se notifica o acordo de incoación de cancelación rexistral de entidades deportivas galegas no Rexistro de Entidades Deportivas de Galicia.

     

    Este ANUNCIO recolle, no seu anexo I, a relación de entidades que non teñen adaptados os seus estatutos á Lei 3/2012, do 2 de abril, do deporte de Galicia.

     

    No caso de que as entidades non procedan á adaptación no prazo de dous meses, procederase á súa cancelación rexistral, o que comportará a perda do recoñecemento oficial da entidade.

     

    A publicación pode consultarse no seguinte enlace:

      https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20171218/AnuncioG0244-301117-0006_gl.pdf

    Descargar ficheiro
  • Zona Privada

    Accede a zona privada, tramita as tuas inscricións, licenzas, actualiza os teus datos, compatible con tablets e smartphones.

    Acceder

Patrocinadores