logodeporte galego
    • 29/01/2016

    ADESTRAMENTOS DEPORTIVOS PILOTOS FEDERADOS

    Normativa para estar cuberto polo seguro da licenza durante nos adestramentos

    COMUNICADO ADESTRAMENTO FEDERADO

     

    Para estar cuberto nos accidentes deportivos (seguro médico accidentes deportivos) durante un adestramento será necesario comunicalo PREVIAMENTE na zona privada de federado (www.fgmoto.org) durante a mesma semana na que se realiza o adestramento. Debe indicarse no apartado observacións, lugar, especialidade do entreno e data.

    Exemplo: 06/02/2016 Circuito A Madelana-Forcarei – Scooter clásico.

    Nas modalidades nas que non se adestre en circuito permanente, deben detallar area xeografica, o mais exacta posible.

    So cubre os danos físicos do piloto na práctica do adestramento deportivo, excluído calquera accidente na vía pública, entre vehículos, ou a responsabilidade civil.

       

     O adestramento non estará cuberto polo seguro senón se realiza nas condicións de seguridade exixidas no regulamento da especialidade. Non se expedirá parte se o adestramento non foi previamente comunicado. É recomendable que sexan os propios clubes ou responsables dos circuitos os que creen o calendario de adestramentos para una mellor coordinación destas actividades.

     

    Licenza única CE: Válida para Ctos. de España e en todo territorio nacional en probas e adestramentos federados comunicados en zona privada de federado na mesma semana na web fgmoto.org

     

    Licenza única Galega: Válida para Ctos. Galegos e en todo territorio nacional en probas federadas (excepto nas probas de cto. de España) e adestramentos federados comunicados na zona privada da web fgmoto.org

     

    Licenza Social: Válida para probas sociais celebradas en Galicia. Non puntua para os campionatos, non válida fora de Galicia. Válida para adestramentos comunicados na zona privada de federado da web fgmoto.org

     

    Licenza Xogade Infantil: Válida para probas celebradas en Galicia. Puntua para os campionatos, non válida fora de Galicia. Válida para adestramentos comunicados na zona privada de federado da web fgmoto.org

    Descargar ficheiro
  • Zona Privada

    Accede a zona privada, tramita as tuas inscricións, licenzas, actualiza os teus datos, compatible con tablets e smartphones.

    Acceder

Patrocinadores