ADESTRAMENTOS FEDERADOS 2021
NORMATIVA A PARTIR DO 26 DE FEBREIRO
No novo decreto do 25 de febreiro establecense as novas restriccións de mobilidade.
Os deportistas federados poderán seguir adestrando nas seguintes condicións:
- Comunicar o adestramento na zona privada de federado na web fgmoto.org
- Adestrar dentro do concello de forma individual en instalación ao aire libre.
- Segundo a mobilidade da tua area poderás desprazarte a outro concello sempre que estea no mesmo nivel.
- Consulta na guía que se achega as restriccións de cada nivel.
- Respetando o toque de queda: Non sair antes das 06:00 nin chegar despois das 22:00 ao teu lugar de residencia.
- Unha vez inscrito nun CE ou CG poderás solicitar un certificado de mobilidade para adestrar no circuito ou alternativa mais cercana ao lugar de residencia. Cunha antelación máxima de 4 semanas antes do evento no que esteas inscrito. Non está permitida a mobilidade para probas de ctos. rexionais de outras comunidades (protocolo RFME CSD).
- Levar sempre consigo o certificado da federación e do clube coa motivación de porqué non podes adestrar no teu concello. Os alumnos de escolas de pilotaxe ademais do certificado federativo deben levar o da escola co programa de adestramentos motivado á preparación do CE ou CG.
- Atender as restriccións de mobilidade do teu concello que poden ser mais restrictivas e restrinxir a saída incluso para adestrar.
Podes descargar a guía simplificada publicada pola SXD.
Descargar ficheiro