logodeporte galego
    • 15/11/2016

    ADRIAN CASTRO EN MX65 e JOSE CANOSA EN MX85 GAÑAN O CGMX DE ARTEIXO

    Remuiñan vence na proba social de Qx

    O circuito vello de Morás (Arteixo) acolleu a proba do campionato galego de Mx65 e Mx85 da que sairon coma vencedores Adrián Castro e José Canosa.

    Na categoría Mx65, Adrián e Hugo Amado repartironse as vitorias nas mangas, pero o triunfo final foi para o primeiro por lograr esa vitoria na segunda manga, a que da a vitoria en caso de empate nas posicións. Iker Castro, finalizou terceiro en ambas, mesmo lugar que ocupou no podio final.

    En Mx85, José Canosa gañou as duas, seguido de Samuel Vazquez, segundo en ambas e Toño Sampedro que tamén repetiu terceiro posto nas duas mangas disputadas.


    Nese mesmo escenario, o moto clube Saltamontes organizou unha proba social de quadcross na que venceu Daniel Remuiñán.

  • Zona Privada

    Accede a zona privada, tramita as tuas inscricións, licenzas, actualiza os teus datos, compatible con tablets e smartphones.

    Acceder

Patrocinadores