logodeporte galego
    • 14/12/2020

    ALBERTO FERNANDEZ BOO ROMPENDO BARREIRAS

    Participa na HANDYESBK para pilotos con diversidade funcional.

    Son Alberto F. Boo e o ano pasado fun quen de darlle forma finalmente a un proxecto moi ilusionante para as persoas coma min,  con diversidade funcional.

    Por que? Porque finalmente fun quen de competir na HANDYESBK, unha carreira ao máximo nivel español de velocidade pero que é integramente para persoas con diversidade funcional. Está enmarcada no ESBK (Campionato de España de superbikes), e é televisada por diversas plataformas, que lle dan difusión, incluso DAZN, ou no youtube da rfme na seguinte ligazón: https://youtu.be/vuQxB7WrRVY.

    Ademais, competín cunha Benelli 302R de 35 cv, contra 16 pilotos máis con motos de 600cc e 1000cc, acabando a carreira como a 6ª mellor superport 600cc e en 14º posto da xeral, por diante dunha moto de 1000º.

    Para este ano, a idea é seguir co proxecto, pero facéndoo pouco a pouco, para que a xente vexa que que teña unha diversidade funcional motora que me afecta a mobilidade de todo o lado dereito do corpo, non me limita, pois soamente a nosa cabezas nos impón esas barreiras.

    Eu decidín que iso non me ía parar e quero ser un pouco o referente para todas aquelas persoas con diversidade funcional, para que vexan que os límites de cada un están en saber adaptarse e desfrutar da mellor forma posible do que lle gusta a cada persoa.

    Para que comprendades a filosofía do proxecto que quero formar, déixovos a filosofía de vida de Stephen Hawking que a resume á perfección:

    "Queixarse é inútil e unha perda de tempo. Aínda cando me falte toda a mobilidade terei moitas cousas marabillosas que facer"

    Unha vez está a tempada acabada, vou pensando nunha nova, apeteceríache patrocinar? toda aportación é benvida por pequena que sexa. O que para unha persoa pode parecer pouco, para min é un mundo, gota a gota vaise formando o mar.

    Para máis info:

    • Ø Páxina de Facebook: Alberto Boo #3
    • Ø Instagram: @a_boo_3
    Descargar ficheiro
  • Zona Privada

    Accede a zona privada, tramita as tuas inscricións, licenzas, actualiza os teus datos, compatible con tablets e smartphones.

    Acceder

Patrocinadores