logodeporte galego
    • 11/03/2014

    Bolsas axudas a deportistas da Deputación de Coruña

    Convocatoria de bolsas para deportistas da provincia para o ano 2014

    1.- Obxecto.-

    A Deputación provincial, no seu labor de promoción e difusión do deporte e consciente das dificultades que teñen moitos deportistas con talento, especialmente nas etapas de iniciación e de maior cambio corporal, para progresar naqueles deportes que teñan un carácter individual, pertercentes a alguha das disciplinas olímpicas, realiza a presente convocatoria de bolsas co obxecto de apoiar a práctica e o rendimento deportivo, tanto en relación ao perfecionamento técnico e obtención de maior rendimento nas respectivas modalidades deportivas, como posibilitar a súa participación en eventos deportivos, facilitándolles aos deportistas da provincia o acceso a unha preparación integral axeitada.

    Convocatoria de bolsas para deportistas da provincia para o ano 2014

    1.- Obxecto.-

    A Deputación provincial, no seu labor de promoción e difusión do deporte e consciente das dificultades que teñen moitos deportistas con talento, especialmente nas etapas de iniciación e de maior cambio corporal, para progresar naqueles deportes que teñan un carácter individual, pertercentes a alguha das disciplinas olímpicas, realiza a presente convocatoria de bolsas co obxecto de apoiar a práctica e o rendimento deportivo, tanto en relación ao perfecionamento técnico e obtención de maior rendimento nas respectivas modalidades deportivas, como posibilitar a súa participación en eventos deportivos, facilitándolles aos deportistas da provincia o acceso a unha preparación integral axeitada.

    Ten a consideración de deporte de “carácter individual” todos aqueles deportes que, según a súa regulamentación, son practicados por un ou por dous deportistas como máximo.

    Establécense dous grupos segundo a idade dos aspirantes a bolsa:

    Grupo A.- 10-17 anos cumpridos antes do 31 de decembro do 2014

    Concederanse 10 bolsas de 2.500€ cada unha delas.

    Grupo B.- 18-23 anos cumpridos antes do 31 de decembro de 2014.

    Concederanse 10 bolsas de 2.500€ cada unha delas.

    Exclúense da presente convocatoria os cursos dirixidos á obtención de títulos académicos ou deportivos.

    Estas bolsas serán compatibeis con outras axudas públicas ou privadas para a mesma finalidade, que deberá comunicarllas o solicitante á Deputación.

    2.- Solicitantes.-

    Poderán participar nesta convocatoria os deportistas residentes na provincia que reúnan os seguintes requisitos:

    2.1.- Os deportes practicados polos deportistas aspirantes a beca deberán pertencer a un dos deportes olimpicos e disciplinas asociadas, tanto de verán como de inverno, incluidos no programa oficial nos últimos Xogos Olimpicos

    Excepcionalmente admitiranse outros deportes que se poideran integrar nos seguintes Xogos Olímpicos e que estén aprobados polo Comité Olimpico Internacional.

    2.2.- Ter entre os dez e os vintetres anos cumpridos con data límite do 31 de decembro de 2014.

    2.3.- Acreditar a residencia en calquera concello da provincia da Coruña, mediante a presentación do correspondente certificado de empadroamento, cunha antigüidade de, polo menos, un ano antes da data da publicación no B.O.P. da convocatoria

    2.4.- Dispoñer de licenza deportiva vixente na data da solitude da bolsa, expedida pola Federación deportiva correspondente.

    2.5.- Acreditar nivel deportivo na modalidade practicada e ter proxección nas previsións de futuro.

    Só se poderá solicitar bolsa por unha única modalidade deportiva

    3.- Documentación.-

    As solicitudes presentaranse no modelo normalizado que pode obterse no Rexistro Xeral da Deputación ou na páxina www.dicoruna.es

    Achegarase tamén, e na orde na que aparece sinalada, a seguinte documentación:

    3.1.- Fotocopia do documento nacional de identidade ou documento que regulamentariamente o substitúa.

    3.2.- Certificado de empadroamento en calquera municipio da provincia no que deberá constar de forma expresa a data do seu empadronamento, de conformidade co disposto na base 2.3.

    3.3.- Declaración de ter a licenza vixente na data da solitude da bolsa, expedida pola Federación deportiva correspondente. (a cubrir no impreso de solicitude)

    3.4.- Historial deportivo obtido durante o ano 2013, no que haberá de constar as participacións e os resultados máis importantes obtidos en competicións autonómicas, nacionais ou internacionais, con especificación de datas, lugar e nivel de competición; este historial haberá de vir dilixenciado co visto e prace da Federación deportiva correspondente en documento orixinal, segundo o modelo que se adxunta ao impreso de solicitude. É imprescindible a presentación neste impreso

    As competicións non organizadas polas federacións deportivas deberán ser recoñecidas expresamente pola federación galega ou nacional correspondente, a través de certificación orixinal.

    3.5.- Proxecto deportivo para a tempada 2013-2014.

    3.6.- Declaración responsable doutras axudas solicitadas ou percibidas para o mesmo fin.

    3.7.- Certificación de datos bancarios segundo o modelo oficial da Deputación Provincial (www.dicoruna.es).

    3.8.- Se é o caso, certificación (expedida polo secretario/a co VºBº do presidente/a do club) da pertenza do deportista a un club da provincia da Coruña con alomenos unha antigüidade de duas temporadas deportivas ( só presentar si se cumpre o requisito, xa que pode ser valorado polo tribunal).

    3.9.-Se é o caso, certificación que acredite a inclusión no programa preolímpico da Federación Española correspondente ou Consello Superior de Deportes.

    3.10.- Declaración do tutor/a legal no caso de solicitude de bolsas do grupo A -10 a 17 anos- ( a cubrir no impreso)

    4.- Lugar, prazo de presentación da solicitude e desestimento.-

    A documentación deberá presentarse no Rexistro Xeral desta Deputación ate o día 31 de marzo de 2014.

    A documentación tamén se poderá presentar neste prazo, en calquera das formas previstas no artigo 38.4 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

    A Deputación publicará na sua páxina web e no tablón de anuncios, a relación dos solicitantes admitidos e excluidos polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamiento necesario dos datos dos solicitantes e da sua publicación na citada páxina web.

    No prazo de 15 días dende a publicación dos solicitantes admitidos e excluidos poderán os interesados formular as reclamacións para emendar erros. Transcorrido este plazo sen que se emenden as causas de exclusión, considerarase que desiste da súa petición nos termos do artigo 71 da lei 30/1992, de 26 de novembro.

    Tamén será causa de desistimento da solicitude, non axustarse aos termos da covocatoria, ou o incumplimento dos requisitos establecidos na mesma.

    5.- Composición do tribunal.-

    O tribunal que outorgará as bolsas estará presidido polo presidente da Deputación da Coruña e formarán parte del, o presidente da Comisión de Deporte e Mocidade e persoas de recoñecido prestixio no mundo do deporte, sendo secretario o da Corporación ou persoa na que se delegue.

    A composición do tribunal publicarase no taboleiro de anuncios e na páxina web da Deputación con anterioridade á súa reunión, co fin de que se poidan interpor, se é o caso, os recursos legais pertinentes.

    6.- Concesión das bolsas e notificación.-

    O tribunal formulará a súa proposta de selección dos bolseiros, que será motivada segundo as bases da convocatoria, e as súas actuacións serán secretas.

    O órgano competente para ditar o acordo de adxudicación é o presidente da Deputación.

    6.1.- As solicitudes valoraranse segundo os criterios seguintes:

    6.1.1.- Historial deportivo.- Asignaráselle ao deportista a puntuación correspondente ao resultado do maior nivel que obtivera no ano 2013 obtida en campionato oficial, ou campionato recoñecido pola federación deportiva correspondente.

    O baremo será o seguinte:

    Grupo 1: Até 32 puntos. Estará integrado polos deportistas que cumpren algún dos requisitos seguintes:

    - Clasificación nos Xogos Olímpicos ou Campionatos do Mundo absolutos, até o rango 10.

    - Clasificación en Campionatos de Europa absolutos, até o rango 8.

    - Figurar na clasificación mundial oficial.

    Grupo 2: Até 22 puntos. Estará integrado polos deportistas que cumpren algún dos requisitos seguintes:

    - Clasificación nos Xogos Olímpicos ou Campionatos do Mundo absolutos, até o rango 18.

    - Clasificación nos Campionatos de Europa absolutos, até o rango 15.

    - Figurar na clasificación mundial oficial.

    Grupo 3: Até 17 puntos. Estará integrado polos deportistas que cumpren algún dos requisitos seguintes:

    - Medallista nos Campionatos do Mundo, Europa, categoría inferior a sénior na modalidade deportiva individual ou de combate.

    Grupo 4: Até 12 puntos. Estará integrado polos deportistas que cumpren algún dos requisitos seguintes:

    - Clasificados entre os 6 primeiros no Campionato de España individual.

    - Medallista nos Campionatos de España individual.

    - Medallista nos Campionatos de España na categoría inferior a sénior na modalidade deportiva individual ou combate e que foran internacionais na súa categoría de idade ou superiores.

    Grupo 5: Até 7 puntos. Estará integrado polos deportistas que cumpren algún dos requisitos seguintes:

    - Medallista en Campionatos autonómicos, Campionatos universitarios e outros a valorar polo tribunal avaliador.

    6.1.2.- Proxecto deportivo.- O interese do proxecto presentado, a proxección de futuro do deportista e a súa progresión: 5 puntos.

    6.1.3.- Outros méritos.- O tribunal poderá valorar outros méritos, segundo a documentación presentada polo solicitante: 5 puntos.

    Entre estos méritos poderase contemplar a pertenza do deportista a un club da provincia da Coruña con alomenos unha antigüidade de duas temporadasdeportivas e a inclusión no programa preolímpico da Federación Española correspondente ou Consello Superior de Deportes.

    Tamén se poderá valorar a especial dificultade ou dureza na consecución dalgunha das probas deportivas.

    6.2.- O tribunal poderá nomear os suplentes que considere oportuno, establecendo unha orde de prioridade.

    Estes suplentes accederán ás bolsas unicamente no caso de existir algunha renuncia ou revogación por incumprimento das bases por parte dos titulares.

    6.3.- A resolución da convocatoria darase a coñecer no taboleiro de anuncios e na páxina web da Deputación da Coruña, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamiento necesario dos datos dos solicitantes e da sua publicación na citada páxina web.

    7.- Pagamento.-

    As bolsas aboaranse en dous prazos, do seguinte xeito:

    * 40% á adxudicación da bolsa.

    * 60% restante, unha vez transcorridos tres meses dende a concesión e tras a presentación da certificación da Federación deportiva correspondente acreditativa dos resultados deportivos obtidos no ano 2014.

    Para o pago das bolsas, os adxudicatarios das mesmas deberán estar ao corrente nas súas obrigas tributarias. Neste senso, o bolseiro deberá autorizar para que a Deputación poida obter as certificacións acreditativas de que está ao corrente nas súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social no momento de recoñecer as obrigas e ordear os pago da bolsa.

    No caso de non dar esta autorización, o bolseiro deberá presentar as acreditacións con anterioridade ao pago.

    8.- Obrigas dos bolseiros.-

    8.1.- Cumprir tódalas normas establecidas nos apartados anteriores.

    8.2.- Participar nas probas ou encontros deportivos correspondentes á súa modalidade e categoría deportiva durante a temporada 2014.

    8.3.- Publicitar a súa condición de bolseiro da Deputación da Coruña nas competicións e actividades deportivas nas que participe.

    O incumprimento das condicións recollidas nas presentes bases, así como a renuncia á bolsa, terá como efecto a obrigatoriedade de devolución da cantidade percibida á que se lle engadirán os correspondentes xuros de mora.

    Coas persoas que resulten beneficiarias das bolsas a deputación poderá programar algunha actividade por medio da cal se mostre o seu aproveitamento.

    Para os casos non establecidos na presente convocatoria aplicarase o disposto nas Bases de execución do presuposto xeral da Deputación da Coruña, aprobado para o 2014.

  • Zona Privada

    Accede a zona privada, tramita as tuas inscricións, licenzas, actualiza os teus datos, compatible con tablets e smartphones.

    Acceder

Patrocinadores