logodeporte galego
    • 17/01/2014

    Cambios nos regulamentos para 2014

    O pasado 11 de xaneiro celebrouse a asemblea xeral da fgm. Foron aprobados os calendarios e os cambios nos diferentes regulamentos para 2014.

    MODIFICACIÓNS REGULAMENTOS 2014 CAMPIONATOS, COPAS E TROFEOS GALEGOS

    INSCRICIÓNS CAMPIONATOS, COPAS E TROFEOS GALEGOS:

    As inscricións para as probas dos Ctos. Galegos e Copas ou Trofeos Galegos deberán realizarse e pagarse (por TPV) a través da web da FGM (www.fgmoto.org) O prazo de admisión das inscricións para as probas puntuables finaliza 7 días antes da data de realización da competición. Poderán realizarse fora de prazo pagando unha penalización ata 3 días antes da proba e unicamente a través da web.

     Se non se realiza a inscrición conforme o anterior, o piloto perde o dereito a ser admitido para participar na proba, aínda que poderase admiti-la súa participación sen puntuar para a clasificación do Campionato, Copa ou Trofeo.

     Poderán participar en calidade de  *PILOTO CONVIDADO, pilotos con licenza homologada RFME doutras comunidades autónomas, con dereito a podio e trofeo pero sen optar a puntos nin a figurar na clasificación do Campionato Galego. Deberán realizar e pagar a inscrición a través da web da FGM nos prazos establecidos.

    PROPOSTAS MODIFICACIÓNS REALIZADAS POLA COMISIÓN DE ENDURO PARA 2014.

    CTO. GALEGO ENDURO 2014:

    Categoría JÚNIOR:

     Para menores de 25 anos ou os maiores que proveñan da categoría de Afeccionados. Realizarán o mesmo recorrido e cos mesmos tempos que a categoría OPEN. Os cores dos fondos e números serán o mesmos que para a categoría Open.

     O incluír esta nova categoría Júnior modificase o regulamento cambiando o texto:  O vencedor da categoría Open 2013 pasará obrigatoriamente na próxima tempada á categoría Sénior ou a Veterano se cumpre o requisito da idade” por: “O vencedor das categorías Júnior e Open pasarán obrigatoriamente na próxima tempada a categoría superior (Open e Sénior) excepto se teñen a idade de Veterano ou Máster, que poderán competir nestas categorías ou continuar nas que estaban”

     HORARIOS para todas as probas do Cto. Galego Enduro excepto para as que se celebren conxuntamente con Cto. de España que utilizarán os horarios do nacional.

    Verificacións: Poderán realizarse o día anterior a proba dende as 17:00 h. ata as 20:00 h. ou o mesmo día da proba dende as 7:00 h. ata as 9:00 h por categorías, alternando a orde en cada proba e conforme os horarios que se publicarán na web da FGM. Os pilotos no momento de realizar a inscrición deberán facer constar na mesma se queren verificar o mesmo día da proba ou o día anterior.

    Briefing: o día da proba as 9:30 h.

    Saída 1º participante: as 10:00 h.

     

    TROFEO GALEGO DE RESISTENCIA ENDURO 2014

     Categorías:

    - Por Equipos Elite: formada por 2 pilotos das categorías Sénior, Júnior, Open ou doutras categorías que o soliciten.

    - Por Equipos Afeccionados: formada por 2 pilotos das categorías Veteranos, Máster, Afeccionados ou Féminas. Nesta categoría non será admitido ningún piloto das categorías Sénior, Júnior ou Open.

    - Individual: categoría única (queda igual que como estaba)

    Horarios: poderán realizarse as probas en sábado ou domingo e con horario de mañá ou de tarde.

    Complementariamente nestas probas os organizadores poden incluír adestramentos e mangas de Enduro Infantil para as categorías de Alevins, Xuvenís e Cadetes que participarán con motocicletas de Enduro ou Motocross distribuídos nas seguintes categorías:

    - Automáticas ata 50 c.c.

    - 65 c.c. con cambio

    - 85 c.c. con cambio

     

    PROPOSTAS MODIFICACIÓNS REALIZADAS POLA COMISIÓN DE TRIAL PARA 2014.

    Propostas para o Cto. Galego de Trial que foran aprobadas na Asemblea anterior para aplicar en 2014:

    - Obrigatoriedade de que as motocicletas teñan un dispositivo de seguridade corto circuíto e protector na coroa traseira.

    COPA GALEGA TRIAL INFANTIL

    O non ter participantes no Cto. Galego de Trial Cadete proponse incluír a categoría de Cadete na Copa Galega de Trial Infantil que estaba convocada unicamente para as categorías Alevin e Xuvenil.

     COPA GALEGA TRIAL CLÁSICAS.

     Mínimo de participantes: para realizar unha proba será requisito un mínimo de 12 participantes inscritos en tempo e forma. Para que unha proba sexa puntuable é necesario que compitan 3 pilotos da mesma categoría.

     Categorías: convócanse tres categorías por niveis de dificultade:

     - Clásicas A (Encarnados): pasos de cor encarnado (categoría con maior dificultade)

    - Clásicas B (Verdes): pasos de cor verde (categoría intermedia)

    - Clásicas C (Amarelos): pasos de cor amarelo (categoría con menor dificultade)

     Horarios: as probas que poderán ser en horario de mañá ou de tarde, segundo sexan en sábado ou domingo. Os horarios publicaranse na web da FGM con antelación.

     Puntuación: conforme o regulamento da Copa de España de Trial Clásicas, con coeficientes de penalización.

     Regulamento técnico: o mesmo que a Copa de España de Trial Clásicas.

     

    CTO. GALEGO DE VELOCIDADE SCOOTER – MINIGP E TROFEO GALEGO DE SCOOTER E MOTOS CLÁSICAS.

     Os clubs organizadores destas probas que o soliciten poderán incluír unha categoría de Minimotard que non puntuará para ningún Campionato, Copa ou Trofeo. Para o que teñen que incluír no regulamento particular da proba un anexo especificando as categorías, idade dos participantes e o regulamento técnico.

     

    Descargar ficheiro
  • Zona Privada

    Accede a zona privada, tramita as tuas inscricións, licenzas, actualiza os teus datos, compatible con tablets e smartphones.

    Acceder

Patrocinadores