logodeporte galego
    • 04/11/2019

    Galicia campioa do Mx das Autonomías MXÉlite

    Na categoría MX85 foron novenos

    A selección galega no Motocros das Autonomías logrou unha brilante primeira posición na categoría MXÉltie. Xa nas clasificatorias do sábado o equipo integrado por Rubén Fernández, Sergio Fernández e Yago Martínez mostraron o seu potencial clasificandose en primeira posición.

    No domingo ratificaron ese dominio cun Rubén inconmesurable vencendo as tres mangas de Élite. Os outros dous integrantes do equipo apuntalaron a clasificación cos 5º,8º e 6º de Yago e co 10º, 13º e 13º de Sergio par un total de 45 puntos que os situaba no mais alto do caixón. Por detrás empatadas a 74 puntos, os outros dous postos eran para Andalucía e Valencia.

    Na categoría Mx85 os nosos representantes acadaron a novena plaza, con Adrián Castro (12º e 10º), Mateo García (21º e 20º) e David López (37º e 41º).

  • Zona Privada

    Accede a zona privada, tramita as tuas inscricións, licenzas, actualiza os teus datos, compatible con tablets e smartphones.

    Acceder

Patrocinadores