logodeporte galego
    • 08/02/2016

    JOEL ANTON, SEGUNDO NA PROBA INAUGURAL DO CEMX125

    Rubén Fernández, sexto en MX2

    JOEL ANTÓN 2º NA PRIMEIRA PROBA  DA COPA DE ESPAÑA MX125 E RUBÉN FERNÁNDEZ 6º NO CTO. ESPAÑA ÉLITE-MX2

     

    O pasado fin de semana iniciouse o Cto. de España de Motocross nas categorías Élite-MX1, Élite-MX2 e a Copa de España MX125 coa primeira proba celebrada na localidade de Albaida (Valencia). Na que o galego Joel Antón lograba a 2ª posición na clasificación da Copa de España MX125, tras finalizar 3º nas dúas mangas celebradas. Ademais conseguía ser o primeiro clasificado da MX125 YZ Cup, copa monomarca integrada na Copa de España MX125.

     

    No Cto. de España Élite-MX2 outro galego, Rubén Fernández, finalizaba 4º na primeira manga e 9º na segunda, resultados cos que se sitúa na 6ª posición da clasificación final da proba e tamén na provisional do Campionato.

     

    Os pilotos das categorías Élite-MX1 mais Élite-MX2 teñen a seguinte cita na proba que se celebrará o 20 de febreiro en Sanlucar de Barrameda (Cádiz), mentras que a segunda proba para os da Copa MX125 será o 19 de marzo en Talavera (Toledo) coincidindo de novo cos das categorías Superiores (Élite-MX1 / Elite-MX2) que disputarán a súa terceira proba nesa mesma data.

  • Zona Privada

    Accede a zona privada, tramita as tuas inscricións, licenzas, actualiza os teus datos, compatible con tablets e smartphones.

    Acceder

Patrocinadores