logodeporte galego
    • 03/10/2016

    JOEL ANTÓN, VENCEDOR DA COPA NACIONAL MX125

    Victoria de Rubén Fernández na última proba do C.E. MX2

    O pasado fin de semana, 1 e 2 de outubro, disputouse en Calatayud (Zaragoza) a última proba do Cto. de España de Motocross e Copa de España de Motocross MX125, na que o galego Joel Antón logrou o título nacional de Vencedor. Nesta útima proba logrou o 2º posto do podio tras finalizar 3º na primera manga do sábado e 2º na última celebrada o domingo.

    Na categoría de ÉliteMX2 outro galego, Rubén Fernández, logrou a vitoria nesta proba, tras vencer as dúas mangas.

    Na categoria de MX85 participaron dous galegos, José Canosa e Antonio Sampedro. O primeiro finalizou 13º na primeira manga e 14º na última, finalizando 15º na final deste C.E.

    Acompañamos con crónica da RFME desta última proba do C.E. de Motocross

    FEDERACION GALEGA DE MOTOCICLISMO

    Descargar ficheiro
  • Zona Privada

    Accede a zona privada, tramita as tuas inscricións, licenzas, actualiza os teus datos, compatible con tablets e smartphones.

    Acceder

Patrocinadores