logodeporte galego
    • 26/09/2016

    JORGE CASALES 2º NO CTO. DE ESPAÑA TRIAL TR1 EN CARNOTA

    MARTÍN RIOBÓ VENCE EN CADETE E CARLOS WALDOMAR EN VETERANOS

    O pasado fin de semana, 24 e 25 de setembro, celebrouse en Carnota a 6ª proba do Cto. de España de Trial nas distintas categorías e a 4ª para a categoría absoluta TR1 e tamén para o Cto. Galego nas distintas categorías.

    O sábado día 24 os pilotos do nacional compatiron zonas cos pilotos galegos que participaban nas categorias TR2, TR3. TR4 e TR5 do Cto. Galego de Trial e do Torneo Galego de Trial.

    Na Copa de España de Trial Cadete destacar a vitoria do galego Martín Riobó, que leva un total de cinco triunfos nas cinco probas que se celebraron do Nacional nesta categoría, na que é o mais firme candidato ao título. Ao mesmo tempo se facía coa vitoria na categoría TR2 do Cto. Galego, seguido de Yago Armesto que finalizaba 7º no Trofeo Nacional Cadete.

    O mesmo sábado outro galego, Carlos Waldomar, vencía no Trofeo Nacional Veteranos e tamén na categoría TR3 do Cto. Galego. 

    No Cto. Galego de TR4 a victoria foi para Jose Luis López e na categoria de TR5 o vencedor foi Eduardo Luis Naveira.

    O domingo sería o turno para os pilotos do nacional nas categorias superiores. En TR1 o galego Jorge Casales logrou o 2º posto, únicamente superado por Toni Bou e por diante de pilotos como Raga, Fajardo e Cabestany. Con este resultado Casales sitúase no terceiro posto da clasificacion provisional do Cto. de España de Trial TR1 cando quedan dúas probas por disputar.

    Na categoría TR2 do Trofeo Nacional o único participante galego, Gabriel Marcelli, finalizou 5º e sitúase na cuarta posición da clasificación provisional do Trofeo Nacional nesta categoría.

    No Cto. de España Junior, o galego Alen Damil finalizou 4º, a mesma posición que ocupa na clasificación provisional do Cto. de España. Categoría na que tamén participou Martín Riobó, finalizando na 9ª posición, despois de que lograra o día anterior a vitoria en Cadete. 

    A seguinte proba do Cto. de España de Trial TR1 e Junior, Trofeo Nacional TR2, TR3, TR4 e Copa de España de Trial Cadete celebrarase o 16 de outubro en Valdemanco (Madrid) Pero unha semana antes, o día 9 de outubro, celebrarase a seguinte proba do Cto. Galego de Trial en Baiona.

    FEDERACION GALEGA DE MOTOCICLISMO

    Descargar ficheiro
  • Zona Privada

    Accede a zona privada, tramita as tuas inscricións, licenzas, actualiza os teus datos, compatible con tablets e smartphones.

    Acceder

Patrocinadores