logodeporte galego
    • 07/04/2014

    MARCELLI no CGT, LEIRÓS en Clásicas e RIOBÓ en Infantil VENCEDORES DO TRIAL DE ARTEIXO

    O circuito vello de Morás acolleu a segunda proba do CGT e primeira de Clásicas e Infantil

    O CGT chegou a Arteixo da man do Mc. Saltamontes. Na xornada do sábado abriron a competición os nenos da Copa Infantil e as Clásicas. Martín Riobó venceu en Cadetes, nun apretado duelo con Alén Damil. Tamén foi apretada a vitoria en Alevíns, Roque Osorio, con catro pés gañou a Solórzano que puso dous pés máis. En Xuvenil a vitoria foi para Chente Lopez-Perea. Nas Clásicas disputarónse 3 categorías, con vitorias de Leirós (A), Miguez (B) e Hermelo (C).

    Na xornada do domingo disputouse a segunda do campionato. Cun percorrido de 8 zonas e 3 voltas, todas elas marcadas dentro do circuíto vello de Morás, Gabriel Marcelli subiu ao mais alto do podio en TR2, por diante de Ruben Cachaldora e Carlos Miguens, que regresaba a competición despois de perderse a primeira cita de Entrimo.

    Hector Castelo conseguiu a primeira vitoria do ano en TR3. Mentras que Leirós redondeaba o bon fin de semana vencendo ademais de nas clásicas, tamén en +35.

    TR4, apretado triunfo de Jose L. Lopez, con so tres puntos de penalización, Paco Alvarez segundo con seis e completaba o podio Veronica Miguéns en terceira posición.

    A próxima cita do CGT será en Cangas o 4 de Maio, coincidindo coa proba do CET.

    Descargar ficheiro
  • Zona Privada

    Accede a zona privada, tramita as tuas inscricións, licenzas, actualiza os teus datos, compatible con tablets e smartphones.

    Acceder

Patrocinadores