logodeporte galego
    • 23/05/2016

    NOVA VITORIA DE JOEL ANTÓN NA COPA DE ESPAÑA MX125

    Joel Antón vencedor na proba da Copa de España MX125 en Bellpuig

    O pasado fin de semana, 21 e 22 de maio, disputouse en Bellpuig a cuarta proba da Copa de España de Motocross MX125, na que o galego Joel Antón, tras lograr o terceiro mellor tempo nos adestramentos cronometrados do sábado, finalizou en 2ª posición na primeira manga celebrada ese mesmo día e venceu na última disputada o domingo. Resultados cos que lograba a segunda vitoria consecutiva nunha proba da Copa de España MX125, incrementando a súa vantaxe como líder na clasificación provisional desta Copa de España cando queda unha proba por disputar, que se celebrará o día 2 de outubro en Calatayud, na que esperamos que logre o título de Vencedor.

    Descargar ficheiro
  • Zona Privada

    Accede a zona privada, tramita as tuas inscricións, licenzas, actualiza os teus datos, compatible con tablets e smartphones.

    Acceder

Patrocinadores