logodeporte galego
    • 10/03/2014

    Ruben Fernandez, 2º na proba inaugural do CEMX 125cc

    RUBEN FERNÁNDEZ VENCE A PRIMEIRA MANGA E FINALIZA 2º NA PRIMEIRA PROBA DA COPA DE ESPAÑA MOTOCROSS MX 125 – ALMENAR (LLEIDA).

    RUBEN FERNÁNDEZ VENCE A PRIMEIRA MANGA E FINALIZA 2º NA PRIMEIRA PROBA DA COPA DE ESPAÑA MOTOCROSS MX 125 – ALMENAR (LLEIDA)

    O pasado domingo, 9 de marzo, disputouse en Almenar (Lleida) a primeira proba da Copa de España de Motocross MX125, na que o Galego RUBEN FERNÁNDEZ venceu a primeira manga. Mentres que na segunda manga que se disputou conxuntamente cos pilotos da categoría Sub18 acabou 3º na súa categoría. Resultados cos que acadou a segunda praza na clasificación desta primeira proba na súa categoría e demostrando que tratará de revalidar o título de Vencedor desta Copa de España que acadou na pasada tempada.

    Seu irmán Sergio, correu pior sorte, voltou de Lleida cunha lesión de clavícula que lle vai impedir tomar parte na carreira do nacional que se celebra na sua casa.

    A segunda cita desta Copa Nacional será o próximo sábado 15 de marzo no circuíto de Taboexa (As Neves), na que Rubén ten a ocasión de competir en Galicia na que estará animado polo público galego.

  • Zona Privada

    Accede a zona privada, tramita as tuas inscricións, licenzas, actualiza os teus datos, compatible con tablets e smartphones.

    Acceder

Patrocinadores