logodeporte galego
    • 25/05/2015

    RUBEN FERNANDEZ 3º NUNHA DAS MANGAS DO EUROPEO MX125

    O LUGUÉS JORGE PRADO, CONTINUA LÍDER

    BOA ACTUACIÓN DO GALEGO RUBÉN FERNANDEZ NA PROBA DO CTO. EUROPA MX125 EN GRAN BRETAÑA

     

    O pasado fin de semana, 23 e 24 de maio, celebrouse en Gran Bretaña unha proba do Cto. de Europa de Motocross EMX125, na que o galego Rubén Fernández tras finalizar 9º na primeira manga disputada o sábado, lograba o 3º posto na segunda manga que se celebrou o domingo, xusto por diante do líder da clasificación provisional, Jorge Prado que finalizou 4º nesa manga e 6º na do día anterior.

    Mencionar tamén a boa actuación na categoría EMX150 doutro piloto de orixe galego pero que leva varias tempadas residindo en Cataluña, Yago Martínez, quen nesta proba lograba a 2º posición da primeira manga e finalizaba 7º na segunda.

    Enlace con Fimeurope para ver clasificacións completas

    http://www.fim-europe.eu/events/52

     

    A seguinte proba do Cto. de Europa EMX125 terá lugar o Francia o próximo fin de semana, 30 e 31 de maio.

     

  • Zona Privada

    Accede a zona privada, tramita as tuas inscricións, licenzas, actualiza os teus datos, compatible con tablets e smartphones.

    Acceder

Patrocinadores