logodeporte galego
    • 08/06/2015

    RUBÉN FERNÁNDEZ E JOEL ANTÓN NO PODIO DO NACIONAL DE MX125

    Na proba disputada no circuito de La Bañeza (León)

    NOVA VITORIA DE RUBÉN FERNÁNDEZ NA COPA DE ESPAÑA DE MX125

    CON JOEL ANTON NO 3º POSTO (LA BAÑEZA 6/7-06-2015)

     

    O pasado fin de semana, 6 e 7 de xuño, celebrouse na localidade de La Bañeza a 4ª proba da Copa de España de Motocross MX125, na que o galego Rubén Fernández acadou unha nova vitoria tras vencer as dúas mangas celebradas. Despois de lograr o mellor tempo nos adestramentos cronometrados do sábado, vencía con autoridade a 1º manga que se disputou ese mesmo día. Resultado que repetiu o domingo tras vencer a 2ª manga. Nas catro probas que se levan disputadas na Copa de España MX125 Rubén logrou a vitoria no total das oito mangas que se celebraron, mostrándose como o claro favorito a lograr unha vez mais o título de vencedor na Copa de España desta categoría, que acadara nas dúas tempadas anteriores.

    Nesta ocasión acompañouno no podio da clasificación final da proba outro galego que participaba por primeira vez na Copa de España MX125, Joel Antón, que acadou o 3º posto da clasificación final tras acabar 4º na primeira manga e 2º na última.

     

    Acompañamos con nota de prensa da RFME sobre esta proba e fotografía do podio cos galegos Rubén Fernandez como vencedor e Joel Antón no 3º posto. Enlace coas clasifiacións: http://www.rfme.com/web/prueba/17495

     

     

    A seguinte proba da Copa de España MX125 será en Talavera os días 3 e 4 de outubro.

     

    FEDERACIÓN GALEGA DE MOTOCICLISMO

    Descargar ficheiro
  • Zona Privada

    Accede a zona privada, tramita as tuas inscricións, licenzas, actualiza os teus datos, compatible con tablets e smartphones.

    Acceder

Patrocinadores