logodeporte galego
    • 15/01/2014

    Seareiros 2014

    No 2014 voltaremos a contar coa acreditación de Seareiro. Esta é a mellor licenza para todos eses pilotos afeccionados que queren iniciarse nas diferentes modalidades do motociclismo.

    LICENZA NON COMPETITIVA: ACREDITACION SEAREIROS

     Da inquietude da maioría das Federacións Autonómicas de Motociclismo adscritas a RFME xurde a iniciativa de tratar de achegar ao deporte do motociclismo  a aquelas persoas afeccionadas que por algún motivo (económicos, por nivel de pilotaxe, etc.) non se deciden  a iniciarse neste deporte participando nas competicións. Coa finalidade de permitir aos afeccionados  introducirse no deporte de forma non competitiva, as federacións autonómicas están creando licenzas a prezos mais económicos que permitan participar nas probas non competitivas, probas sociais e adestramentos autorizados polas respectivas federacións. Por este motivo a Federación Galega de Motociclismo crea a licenza non competitiva denominada SEAREIROS para participar única e exclusivamente en probas non competitivas, probas sociais e adestramentos autorizados pola Federación Galega de Motociclismo e realizados en Galicia.

     

    Esta Licenza non competitiva poderá ser anual (para toda a tempada) ou para un solo evento (adestramento ou competición). Será concedida a quen a solicite e cumprimenten os trámites correspondentes (solicitude de licenza, fotocopia do DNI e do carné de conducir – obrigatorio para probas de Enduro - ou certificado médico de aptitude física, xustificante de pago e os menores ademais autorización do pai, nai ou titores) e que non quedaran entre os 15 primeiros clasificados nos Campionatos, Copas ou Trofeos Galegos de calquera categoría nos dous anos anteriores. Non puntuarán para clasificacións de Campionatos, Copas ou Trofeos.

     SEAREIROS ANUAL: 135,00 euros (deberán inscribirse e pagar a correspondente inscrición en cada evento no que participen)

     SEAREIROS 1/P: 46,00 euros + inscrición no evento (dependo da especialidade)

     Para o tramite da licenza de SEAREIRO enviarase a solicitude a FGM, unha vez rexistrados os datos do solicitante na aplicación, na web poderá pagala licenza  e a continuación a inscrición. Toda a documentación e o pago debe ser realizado antes das 24:00 horas do mércores anterior ao evento no que se inscribe.

      O importe da inscrición na categoría non competitiva de SEAREIRO para participar nos eventos que coincidan con probas dos Ctos. Galegos, Trofeos ou Copas será o seguinte

     

    Modalidade     Importe Inscrición SEAREIRO      +       Licenza 1/P    =               Total

     

    ENDURO                   31,00 €                          +       46,00 €            =          77,00 €

    TRIAL                      21,00 €                          +       46,00 €            =          67,00 €

    MX/SX/QX                31,00 €                          +       46,00 €            =          77,00 €

    SCOOTER/CLASIC.    31,00 €                          +       46,00 €            =          77,00 €           

     

    Aqueles que tramiten a licenza de SEAREIRO ANUAL para participar nas probas unicamente terán que pagar a FGM o importe correspondente a inscrición anteriormente detallada segundo a modalidade.

     A licenza de SEAREIRO non é válida para participar en probas, adestramentos ou eventos que non sexan organizados ou autorizados pola Federación Galega de Motociclismo.    

    Descargar ficheiro
  • Zona Privada

    Accede a zona privada, tramita as tuas inscricións, licenzas, actualiza os teus datos, compatible con tablets e smartphones.

    Acceder

Patrocinadores