logodeporte galego
    • 13/11/2015

    ÚLTIMA PROBA CTO. GALEGO MOTOCROSS

    O domingo 22 de novembro última proba CG MX85 e MX65 en Arteixo

    O domingo 22 de novembro pola mañá terá lugar no circuito vello de Morás, en Arteixo, a quinta e última proba do Cto. Galego de Motocross 2015 nas categorías de MX65 e MX85.

    Está previsto que os adestramentos comecen as 10:50 h. e que se inicien as mangas da carreira as 12:15.

    Na categoría de MX85 encabeza a clasificación provisional cunha importante vantaxe en puntos José Canosa, seguido de Samuel Vázquez na segunda posición e Antonio Sampedro no terceiro posto.

    En MX65 ninguén pode impedir que Hugo Amado sexa o Campión Galego, pero aínda non está decidido quenes serán o segundo e terceiro da Clasificación Final do Campionato, posicions que ocupan na provisional Adrian Castro e Iker Castro respectivamente.

    A entrada será gratuíta e ademais o club organizador, M.C. Saltamontes, terá a disposición dos pilotos de Trial Infantil unha zonas para que poidan adestrar.

  • Zona Privada

    Accede a zona privada, tramita as tuas inscricións, licenzas, actualiza os teus datos, compatible con tablets e smartphones.

    Acceder

Patrocinadores